#MEDIO

2026-02-22

◾ECOLOGISTAS EN ACCIÓN INFORMA QUE LA NUEVA FÁBRICA DE YESOS EN CALAHORRA INCLUYE UNA CHIMENEA DE CALCINACIÓN DE 50 METROS DE ALTURA
Más información en: is.gd/a1JuoJ
AMBIENTE
▪ Visitenos también en la web lanoticia.es
- Facebook: bit.ly/2TG8sGw
- Twitter: bit.ly/35zj27v
- Instagram: bit.ly/2oMFCJ9

2026-01-31

165 incendios en Ribadeo dende 1983 a 2020

Si, ten habido 165 incendios en Ribadeo dende 1983 a 2020. Ao menos, ese é o número rexistrado na web https://servicio.mapa.gob.es/incendios/Search/PublicoPag?page=1&sBusqueda=soypm%3D0%26CA2%3D3%26Pr2%3D27%26Mu2%3D27%257c51%26ZIF%3D%26TI%3D%26AEP%3D-1&NumPag=100 do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

A ligazón que puxen, se alguén a mira en papel, é longa de máis, pero a correspondente á portada, non tanto: https://servicio.mapa.gob.es/incendios . Claro que indo á portada, hai que pasar por unha inscrición antes, pero tamén se ten acceso a unha procura máis pormenorizada. O malo é que o listado incendiario só vai do 1983 a 2020, no que respecta a Ribadeo e ao menos polo momento, aínda que permita poñérselle de 1964 a 2026.

En fin, moitos datos consultables aínda que non sexan dun manexo doado. Datos que inclúen, como se ve nas dúas ilustracións do primeiro e último incenio que aparece, a superficie total queimada e a parte de monte, a localización, a data, hora e duración, a causa do incendio e a ‘motivación’:

#Medio #sociedade
2026-01-28

Dende o Amazonas a Ribadeo

Dende o Amazonas a Ribadeo

Unha das frases moi citadas hai un tempo foi unha variante desta: se unha bolboreta move as ás no Amazonas, remata habendo un furacán en Ribadeo. Ben, a frase orixinal coido que se refería a Texas, e ocultaba que as probabilidades son moi pequenas, incidindo polo contrario en que existe a probabilidade, aínda que nos pareza imposible, un fenómeno sen control, que se nos escapa. E é que si, a frase só tenta poñer en coñecemento da xente un tema científico, nomeado como a teoría do caos.

Volvendo ó Amazonas, todo o mundo sabe que é o visible pulmón verde do planeta, e que pola deforestación está pouco a pouco deixando de selo. En maior ou menor medida, segundo o goberno que lle toque, pero hai moito tempo que está a perder superficie arborada a un ritmo grande, que se non lembro mal se chegou a cuantificar como varios campos de fútbol por minuto, ou algo así. A cifra concreta é variable co tempo e é o de menos, a cantidade asusta de calquera xeito e os efectos sobre o pulmón tamén. Tanto que, sen chegar a parar os cortes de árbores, tense tentado frear de diversos xeitos, e é motivo de crítica mundial. Máis aínda cando se está a revelar que debido a procesos asociados coa corta está a deixar a ser o pulmón planetario para pasar a ser un consumidor neto de osíxeno. Algo para nós imaxinable como un cancro de pulmón, o que provoca críticas fortes e acusacións xa non só a quen deforesta de xeito directo, senón ó goberno como representante de todo o país que acubilla a maioría do Amazonas, Brasil. É unha monstruosidade que afecta ó futuro de todos, e quen explota a selva e contribúe a ese desastre ambiental cóidase ben de tentar axitar boas causas para tentar compensar a imaxe do que está a facer, consciente de que está a facer mal para encher os seus petos.

A uns sete mil quilómetros da capital do estado de Amazonas (por poñer unha referencia na selva aínda hoxe inmensa de varios millóns de quilómetros cadrados) un pequeno pobo, Ribadeo, está facendo algo semellante ó que remato de describir. Cortas continuadas no seu arborado. Mesmo en proporcións moito maiores que no Amazonas: no Amazonas levan máis de medio século a toda máquina e as calvas, vistas por satélite, son evidentes, pero aínda unha proporción moderada de espazo. En Ribadeo, diminuto en comparación, dous anos abondan para que o arborado público se vexa notablemente minguado. Mais o proceso é semellante. Córtase e alégase de que é por un ben, mentres queda a superficie pelada, a terra á vista, os penedos listos para producirse desprendementos. Claro que as diferenzas, debidas a varios factores, dende a xa mencionada extensión dun e outro lugar á densidade de poboación, tamén son evidentes. Quizais o máis evidente sexa que no Brasil é a iniciativa privada quen corta, mentres os poderes públicos máis ben miran para outro lado. En Ribadeo son os poderes públicos os que se encargan de cortar, mentres a iniciativa comunitaria se enfronta á corta. E claro, en Ribadeo, é dicir, a moi pequena escala, considéranse máis cousas como a beleza ou a sombra que a cantidade de osíxeno producido, aínda que a incidencia no clima, o seu cambio e a mitigación do mesmo, estean aí.

E, no medio da emerxencia climática, novas enfermidades afectan ós xigantes verdes. É o caso das palmeiras, que quizais por ser vistas como o futuro dunha terra de sol no reino da chuvia e turismo motor da xentrificación, librábanse da corta…

#Medio
2026-01-26

◾ECOLOGISTAS EN ACCIÓN DENUNCIA LA MUERTE DE ESPECIES DEL MEDIO ACUÁTICO POR EL VACIADO DEL EMBALSE DE EL PERDIGUERO
Más información en: is.gd/PcicZI
AMBIENTE
▪ Visitenos también en la web lanoticia.es
- Facebook: bit.ly/2TG8sGw
- Twitter: bit.ly/35zj27v
- Instagram: bit.ly/2oMFCJ9

2026-01-25

Sobre o obradoiro de instalación de apps pro Soberanía Dixital

Nota de prensa amarinha.gal:

Soberanía Dixital X: Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración

[Nota posterior: o 20F non poderá ser, a pesar do anuncio feito]

O pasado venres 23 de xaneiro tivo lugar en Ribadeo o décimo evento do ciclo Soberanía Dixital, co que o grupo amarinha.gal deu comezo o ano 2026, baixo o título “Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración”. Este novo evento de amarinha.gal desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal el Viejo Pancho, onde se tivo tanto a pequena charla introdutoria a cargo de Mario Penelo como o obradoiro posterior de instalación de apps. Nesta convocatoria non houbo tempo para moito máis que o sistema de salvagarda de contrasinais, que se focalizou arredor do sistema Keepass, instalando o KeepassDroid como ferramenta de salvagarda e lembranza de contrasinais. Pola súa importancia, o obradoiro continuará con outras ferramentas libres e relacionadas coa administración, se ben a próxima xuntanza, axendada para o 20 de febreiro, desenvolverase no marco da ’Fedifesta’, unha conmemoración global arredor da idea do fediverso, un universo distribuído en internet, unha federación de lugares mantidos por xente común que facilita a soberanía dixital.

O acto foi acompañado co reparto dunha octavilla como lembranza de apps de instalación conveniente no móbil.

As diapositivas correspondentes á presentación estarán proximamente dispoñibles en blogs.amarinha.gal

#Medio #sociedade #tecnoloxía
2026-01-21

Día do polutócrata

Traduzo en baixo un breve de Oxfam Intermon que me chegou por correo:

Día do Polutócrata: o 1% máis rico [en cartos] xa esgotou a súa cota de CO₂. Este 10 de xaneiro marcou unha data invisible pero escandalosa: o 1% máis rico do planeta esgotou en dez días toda a súa cota de emisións de CO₂ para todo o ano 2026. Chamámolo ‘Día do Polutócrata’. Non é unha anécdota. É o síntoma dun sistema inxusto. Quen máis contamina é quens máis se beneficia, e quen menos sofre as consecuencias. Porque mentres unha elite acelera a crise climática, millóns de persoas xa a están a pagar en forma de fame, secas, inundacións ou desprazamentos forzados. Coñece por que é urxente cambiar as regras do xogo.

#economía #Medio

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.07
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst